Juan Padrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Juan Padrón, nado en Matanzas o 29 de xaneiro de 1947, é un caricaturista, realizador de debuxos animados, ilustrador, historietista e guionista cubano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Acadou a licenciatura de Historia da Arte na Universidade da Habana. Os seus primeiros traballos aparecen por primeira vez no suplemento estudantil Mella. Traballou como cámara de mesa na sección filmica das FAR (Fuerzas Armadas Revolucionarias). En 1970 publicou na revista Pioneiro o seu popular personaxe Elpidio Valdés.

Comezou a traballar no ICAIC (Instituto Cubano de Arte e Industrias Cinematograficas) en 1974 como director de debuxos animados. Creador ademais das series de animados Filminuto e Quinoscopio, este último en colaboración co humorista arxentino Quino, creador de Mafalda. Realiza a súa primeira longametraxe en 1979, Elpidio Valdés), e o segundo, Vampiros en La Habana, en 1985. Actualmente é membro directiva da UNEAC.