Juan Manuel Vidal García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Manuel Vidal García
Monumento a Juan Manuel Vidal García en Arzúa
Nacemento1886
Lugar de nacementoBaión
Falecementosetembro de 1936
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e industrial
CónxuxeMaría Alicia Viaño García
editar datos en Wikidata ]

Juan Manuel Vidal García, nado en Baión (Vilanova de Arousa) en 1886 e finado en Santiago de Compostela a principios de setembro de 1936, foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estivo emigrado na Arxentina desde onde remitiu diñeiro para a construción de escolas en varias parroquias. Retornado a Arzúa, estableceu un negocio de importación de apeiros de labranza da Arxentina. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Arzúa (1924). Na República foi elixido concelleiro de Arzúa en 1931. A finais de decembro de 1932 foi elixido alcalde de Arzúa, permanecendo no cargo até 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e asasinado en Santiago de Compostela a principios de setembro de 1936. Xulgado en Compostela por rebelión nun proceso iniciado o 25 de agosto, foi declarado en rebeldía. A pesar de ter sido paseado a principios de setembro, o Xulgado Militar de Santiago de Compostela publicou en novembro unha requisitoria citándoo xunto con José Corzo Conde.[1] A súa familia quedou sen licenza para comercializar apeiros.


Predecesor:
Jesús Vilas Lamas
 
Alcalde de Arzúa
 
1932 - 1936
Sucesor:
Jesús Souto Vilas

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Alicia Viaño García.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 27-11-1936, p. 10

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]