Juan Lembeye
Juan Lembeye Lartaud, nado en 1816 no Ferrol e finado en decembro de 1889 en Culleredo, foi un naturista e ornitólogo galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Lembeye foi o autor de Aves de la Isla de Cuba (1850), libro único polas súas ilustracións de aves publicado en Cuba. Lembeye naceu en Galicia, fillo dunha familia de orixe francés e tradición liberal, que viviu en Cuba dende mozo, dende a década de 1830 ata a década de 1860, e que comezou a interesarse nas aves mentres estaba alí. A maioría dos 38 debuxos do seu libro foron copiados das placas ‘octavo reales’ de John James Audubon, nalgúns casos, incluso copiou as plantas incluídas no fondo.
[editar] Descubertas
Lembeye descubriu o reiseñor cubano (Myadestes elisabeth) e o pechero (Teretistris fernandinae). A súa persoa é conmemorada no nome científico do sinsontillo, Polioptila lembeyei. Entre os seus colegas estiveron Juan Cristóbal Gundlach e Victor López Seoane. Foi Juan Cristóbal Gundlach o que lle cedeu a honra de publicar no seu libro a primeira descrición do Paxaro Mosca ou Zunzuncito, Mellisuga helenae.
Dedícase a diferentes investigacións no mundo da agronomía estudando as enfermidades do trigo, os novos abonos, as sulfatacións, etc. Destes estudos e investigacións publica dous libros, La caries, inoculación esporádica de los trigos y medio de evitarla, publicado en 1876 e Consideraciones y consejos agrícolas para mejorar las cosechas de trigo en Galicia y perfeccionar los abonos, en 1885. Tamén se encarga de ensinar cómo mellorar as colleitas ós agricultores da comarca.
[editar] Entrada en política
Antes de 1863 regresa a Galicia establecéndose en Culleredo, onde é elixido concelleiro ese mesmo ano. En 1868 é elixido alcalde de Culleredo, permanecendo nese cargo ata 1871. En 1889 volve a ser elixido alcalde pero unha grave enfermidade acaba coa súa vida en decembro dese mesmo ano.
O concello de Culleredo deulle o seu nome á Aula da Natureza que se atopa no Xardín botánico Ría do Burgo e a unha rúa na parroquia de Culleredo.