Juan Larrea
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Larrea, nado en Bilbao en 1895 e finado en Córdoba, Arxentina, en 1980) foi un escritor español en francés e castelán.
Traxectoria [editar]
Licenciouse en letras e ingresou no corpo de arquiveiros, pola súa amizade con Gerardo Diego e Vicente Huidobro interesouse pola poesía, que sentía como un refuxio fronte ao mundo mediocre que o rodeaba. En 1926 marcha a París e con César Vallejo funda a revista Favorable-París-Poema, viaxa por América e estuda as culturas precolombinas con fervor. Trala guerra civil española exilíase definitivamente en América.
A súa escrita poética, na súa maior parte en francés, é debedora das vangardas, en especial do surrealismo, no que amosa unha audaces imaxes e un irracionalismo radical cunha sintaxe lúcida e clara.