Juan Salgueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan José Salgueiro Montouto»)
Infotaula de personaJuan Salgueiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1946 Editar o valor em Wikidata
Abades, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de marzo de 2015 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
A Bandeira, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Silleda
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Juan José Salgueiro Montouto, nado en Abades (Silleda) o 3 de agosto de 1946 e finado na Bandeira o 3 de marzo de 2015[1], foi un político galego e alcalde de Silleda entre 1987 e 1999.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empregado de banca, primeiro en Banesto e despois na Caixa de Aforros de Pontevedra. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou as listas de Alianza Popular á alcaldía de Silleda, que gañou por maioría absoluta. Repetiu triunfo nas municipais de 1991 e 1995, formando de novo goberno con maioría absoluta, pero desta volta nas filas do herdeiro de Alianza Popular, o PPdeG. Deixou a corporación en 1999, sendo o seu substituto á cabeza da agrupación política local José Fernández Viéitez. Foi deputado provincial entre 1991 e 1995. Cando deixou a alcaldía rexentou unha axencia inmobiliaria.


Predecesor:
Casimiro Fernández Otero
 
Alcalde de Silleda
 
1987 - 1999
Sucesor:
José Fernández Viéitez

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En outubro de 2015, a Praza da Feira Vella da vila de Silleda pasou a denominarse Praza de Juan José Salgueiro Montouto[2]. En marzo de 2016, as Prazas da Feira e do Entroido da vila da Bandeira unificáronse nunha soa baixo o nome de Praza de Juan Salgueiro[3] e inaugurouse unha estatua a tamaño real do político a carón da capela da Bandeira, actos que coincidiron co cabodano do seu pasamento[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece el exalcalde de Silleda Juan Salgueiro". Faro de Vigo (en castelán). 3 de marzo de 2015. 
  2. Juan Salgueiro se hace eterno en Silleda en Faro de Vigo (Consultado o 12/11/15)
  3. Juan Salgueiro dará nombre a la unificada plaza de A Feira y O Entroido de A Bandeira en Faro de Vigo (Consultado o 12/11/15)
  4. A Bandeira rinde tributo a su benefactor en Faro de Vigo (Consultado o 18/03/16)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]