Juan García Postigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Juan García Postigo, nado en Torremolinos en 1982, é un modelo español.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

De profesión sommelier, dedicouse á profesión da modelaxe logo de vencer no torneo de beleza Míster Málaga, en 2005. En marzo do ano seguinte, García Postigo converteuse en Míster España, nun concurso celebrado na localidade levantina de Marina D'Or. Foi o cuarto andaluz en conseguir o título.

O 31 de marzo de 2007, na illa chinesa de Sanya, conseguiu o título de Míster Mundo e sucedeu na fita o brasileiro Gustavo Gianetti.


Predecesor:
Borja Alonso
Míster España
2006
Sucesor:
Luis Muñoz Sánchez
Predecesor:
Gustavo Gianetti
Míster Mundo
2007
Sucesor:
Kamal Ibrahim (2010)