Juan Francisco Pacheco Téllez-Girón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Francisco Pacheco Téllez-Girón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xuño de 1649 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de agosto de 1718 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Viena Editar o valor em Wikidata
Ambassador of Spain to the Holy See (en) Traducir
1699 – 1709 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata
FillosDon Manuel Gaspar Gómez de Sandoval y Rojas, 5.Duque de Uceda (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisDon Alfonso Melchiorre Téllez-Girón-Pacheco-Mendoza y Aragon, Conde de Penella, Conde de Motalban (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Doña Juana de Velasco (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Medallón de Juan Pacheco no Pabellón de San Martín da Praza Maior de Salamanca.

Juan Francisco Pacheco Téllez-Girón nado en Madrid o 8 de xuño de 1649 e finado en Viena25 de agosto de 1718, foi un aristócrata castelán. Desempeñou o cargo de Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Galicia entre os anos 1682 e 1687, sendo posteriormente elixido como vicerrei de Sicilia e embaixador en Roma.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Alonso Melchor Téllez-Girón, de cuxo pai herdou o título de conde de La Puebla de Montalbán, e de Juana de Velasco, filla dos duques de Frías. Casou en 1677 coa duquesa de Uceda Isabel María de Sandoval e Girón, adquiriu o título de duque consorte.[1]

Foi familiar da Inquisición,[2] Capitán Xeneral de Galicia en 1682 e vicerrei de Sicilia en 1687. En 1696 foi designado embaixador de España en Roma, en cuxas atribucións levou a cabo a consulta que sobre a sucesión da coroa de España foi presentada ao papa Inocencio XII; por esta misión recibiu o Vélaro de Ouro. En 1699 foi conselleiro de estado, e en 1702 foi condecorado co colar da orde de Sancti Spiritus. Posteriormente sería designado presidente do Consello de Ordes, aínda que non chegou a exercer por acharse en Roma.[3]

Durante a guerra de sucesión que seguiu á morte sen descendencia do rei Carlos II aliñouse coa facción borbónica de Filipe de Anjou, pero en 1710, comisionado por este para dirixir a recuperación militar de Sardeña, pasouse ao bando austracista partidario do arquiduque Carlos, en cuxa corte mantívose ata a súa morte en 1718.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Antonio de Velasco y Ayala
Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Galicia
1682 – 1686
Sucesor:
Carlos Manuel de Este
Predecesor:
Francisco de Benavides
Vicerrei de Sicilia
1687 – 1696
Sucesor:
Pedro Manuel Colón de Portugal