Juan Carlos Fresnadillo
| Juan Carlos Fresnadillo | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de decembro de 1967 (45 anos) Santa Cruz de Tenerife, |
| Profesión | Director de cine |
| Ficha na IMDb | |
Juan Carlos Fresnadillo nado en Santa Cruz de Tenerife o 5 de decembro de 1967) é un guionista e director de cine canario.
Entre as súas obras principais destacan a curtametraxe Esposados 1996, candidata ó Oscar en Hollywood, e Intacto 2001, filme co que acada o Premio Goya ó mellor director novel. En 2002 realiza, xunto con Alejandro Jodorowsky a curtametraxe Psicotaxi.
En 2007 dirixiu o filme 28 Weeks Later, continuación de 28 Days Later de Danny Boyle. O realizador Steven Spielberg, ofreceulle a Fresnadillo dirixir un proxecto financiado pola súa produtora Dreamworks. O filme, de título provisional "Wednesday", será un thriller ambientado nos Ánxeles, onde se desenvolverá unha desesperada persecución. O seu novo proxecto será adaptar o videoxogo BioShock en filme. Nun comezo estaba destinada a ser dirixida por Gore Verbinski, pero finalmente Fresnadillo será o encargado.
O 7 de abril de 2011 anunciouse que será o director e co-guionista do remake de The Crow.
Índice |
Biografía [editar]
En 1985, Fresnadillo trasladouse a Madrid dende a súa cidade natal. Estudou Socioloxía na Universidade Complutense. Comezou os estudos de fotografía e cine na Escola Superior de Artes e Espectáculos TAI, e realizou os seus primeiros traballos en curtametraxes. En 1987, creou unha produtora para unha serie de curtas e anuncios publicitarios.
En 1990, colaborou con Gustavo Fuertes na súa curta El Juicio Final (1991)
En 1996, debutou internacionalmente como director coa súa curta en branco e negro, Esposados, para o que tamén fixo de produtor executivo.
Filmografía [editar]
- Esposados. Curtametraxe (1996)
- Intacto (2001)
- Psicotaxi. Curtametraxe (2002)
- 28 Weeks Later (2007)
- BioShock (2011)
- Intruders (2011)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)