Juan Camus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Camus

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1973 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Laredo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLondres Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoVale Music (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webjuancamus.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1128111 Twitter: juancamus Instagram: juancamus MySpace: juancamus Musicbrainz: 3c7dfe1f-1b83-4a90-bf81-efee168362f7 Discogs: 1375331 Editar o valor em Wikidata

Juan Camus, nado en Santander (Cantabria) o 2 de marzo de 1973, é un cantante e participante da primeira edición de Operación Triunfo, en 2001.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Cantabria onde viviu durante os seus primeiros 10 anos, a súa familia trasládase a Madrid e é alí onde comeza a interesarse pola música formando parte da coral da súa escola La Salle e da compañía de teatro de Vicente Araguas. Tras o seu paso pola universidade no Real Colexio Universitario Maria Cristina en San Lorenzo de El Escorial, licénciase en Ciencias Económicas e Empresariais e trasládase a Londres para estudar música. Deuse a coñecer a través do show televisivo Operación Triunfo,[1] para o que compuxo, xunto con Naím Thomas, o single "Mi música es tu voz".[2]

No 2002 seguindo co éxito do programa, publica o seu primeiro álbum Las cosas que nunca te dije. "Mía", tema composto por el, converteuse no seu primeiro single ao que seguiu "Sólo nací para quererte". É no verán do 2003, cando publica o seu segundo álbum Exit con influencias que fusionan os estilos techno e latino. Exit foi producido polo produtor español Luís Carlos Esteban e o seu segundo single "Aquí en tu piel" foi producido por Jacobo Calderón, fillo do produtor Juan Carlos Calderón.

No vídeo do seu primeiro single "Quiero" contou co apoio de Sofía Mazagatos, José Manuel Parada e Lara Dibildos entre outros e no seu segundo vídeo "Aquí en tu piel" contou coa presenza de Teresa Gimpera e Elsa Anka. En xaneiro do 2004, Juan participa no programa Concurso Gran Hermano VIP quedando en segundo lugar[3][4][5]. En novembro do 2008, Juan publica o seu terceiro traballo da súa carreira en solitario El milagro de la Navidad editado pola SGAE e Sello Autor e producido por Luís Carlos Esteban. Gravado entre Madrid e Londres no verán do 2008. O primeiro single do álbum é "Una sonrisa y un juguete de Navidad" realizando un vídeo de debuxos animados co mesmo título.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Xiras[editar | editar a fonte]

  • 2002: Xira "OT" (22 concertos)
  • 2003: Xira Las Cosas que nunca te dije (30 concertos)
  • 2003: Xira Exit 1 (11 concertos)
  • 2004: Xira Exit 2 (27 concertos)
  • 2006: Xira en Alemaña (9 concertos)
  • 2007: Xira en Austria e Suíza (12 concertos)

Filmografía[editar | editar a fonte]

Publicidade[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía Juan Camus (Operación Triunfo)". LOS40 (en castelán). 2003-05-26. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2018. Consultado o 2021-03-14. 
  2. "Así se repartieron en 'OT' los derechos de autor de 'Mi música es tu voz'". El Español (en castelán). 2016-11-02. Consultado o 2021-03-14. 
  3. "Participantes de Gran Hermano VIP". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2009. Consultado o 16 de decembro de 2009. 
  4. "Escándalo na final de GHV, todotele.com". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2007. Consultado o 16 de decembro de 2009. 
  5. "Final de GHV, Terra". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2009. Consultado o 16 de decembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]