Juan Antonio Monet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Antonio Monet
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1781 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de abril de 1837 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Captain General of Mallorca (en) Traducir
1 de febreiro de 1833 – 1 de decembro de 1833
← José Aymerich y BarasRamon Despuig i Safortesa (en) Traducir →
Ministro da Guerra
1 de outubro de 1832 – 14 de decembro de 1832
← Miguel Ibarrola González (en) TraducirJosé de la Cruz (en) Traducir →
Vice-rei do Peru (pt) Traducir
29 de xaneiro de 1821 – valor descoñecido
← Joaquín de la Pezuela (pt) TraducirJosé de la Serna e Hinojosa (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Rango militarmariscal de campo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra da Independencia española e Batalla de Bailén Editar o valor em Wikidata
Premios

Juan Antonio Monet del Barrio, nado en Vigo en 1782 e finado en Madrid o 3 de abril de 1837, foi un militar galego. Participou da guerra contra os independentistas americanos e, tras a súa finalización, levou adiante unha destacada carreira nas forzas armadas e no goberno.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1793 ingresou no exército. Combateu en África e na Guerra da independencia española, participando en máis de 20 batallas e sendo ferido en dúas ocasións, gravemente en ocasión da batalla de Bailén.

América (1816-1824)[editar | editar a fonte]

En maio de 1816 foi destinado a América. Partiu de Cádiz e arribou a Lima tres meses despois. Viuse involucrado en numerosas operacións debendo cruzar a Cordilleira dos Andes en 24 ocasións. Viúvo, en 1819 casou en Lima con María Urionaegoena e Cajigas Ulloa.

Foi dos escasos oficiais que non tomaron parte no Pronunciamento de Aznapuquio que o 29 de xaneiro de 1821 depuxo a Joaquín de la Pezuela do mando do Vicerreinado do Perú e a súa substitución polo xeneral José de la Serna. Xunto ao capitán de fragata Simón Londoño e os coroneis Marqués de Casares e Juan Loriga, acompañou a Pezuela na súa saída de palacio.

Batalla de Ayacucho.

Participou nas batallas de Ica, Torata, Moquegua e Junín. En 1823 obtivo o grado de Mariscal de Campo. Os primeiros días de marzo de 1824 Monet ocupou Lima e El Callao, pero a fins do mesmo mes retirouse á serra.

Ás 8 da mañá do, previo ao inicio da Batalla de Ayacucho, adiantouse co seu axudante de campo ás filas inimigas e díxolle ao xeneral Córdoba no noso exército como no de vostedes, hai xefes e oficiais ligados por vínculos de familia ou de amistade; sería posible que antes de rompernos a crisma, conversasen e se desen un abrazo?.

Así, tras a autorización de Sucre, máis de cen oficiais de ambos os exércitos reuníronse desarmados nun sector neutral do campo previo á batalla que culminaría a independencia de Suramérica.

Durante esa xornada, ao ser ferido no pulso e recomendárselle que se puxese a salvo respondeu: "Non importa: o Rei paga vinte anos e carga aínda coa posteridade do militar, para que sirva este un só día, que é o da pelexa".

España (1825)[editar | editar a fonte]

En 1825 Monet regresou a España. O 28 de setembro de 1827 alzáronse en Cataluña os "Apostólicos", realistas extremos que consideraban que Fernando VII de España estaba condicionado polos liberais, dando inicio á Guerra dos Agraviados. Monet foi un dos comandantes das forzas enviadas por Fernando ao mando de Carlos de España. Pese ao indulto, moitos dos seus dirixentes foron executados por Carlos, quen sería nomeado capitán xeneral de Cataluña e pasaría á posteridade có alcume de El Tigre de Cataluña.

En 1828 recibiu o nomeamento de Caballeiro "Gran Cruz" da orde de San Hermenegildo e en 1829 era xeneral de granadeiros da Garda e Capitán Xeneral de Cataluña.

En 1831 recibiu o nomeamento de Cabaleiro "Gran Cruz" da Orde de San Fernando e era Comandante Xeneral do Campo de Xibraltar, sendo responsable da represión de revolucionarios liberais que desembarcaron nas súas costas no mes de decembro ao mando de Torrijos. En outubro de 1832, aínda á fronte de dito cargo, foi nomeado Ministro de Guerra no gabinete de Francisco de Cea Bermúdez, cargo que desempeñou ata a súa renuncia o 14 de decembro dese ano, en que foi substituído por Francisco Fernández del Pino, desempeñándose posteriormente como capitán xeneral de Castela a Nova e logo das Illas Baleares.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Vicente Osvaldo Cutolo, Novo diccionario biográfico arxentino (1750-1930), Editorial Elche, 1968.
  • Yaben, Jacinto R., Biografías arxentinas e sudamericanas, 1938
  • Mendiburu, Diccionario Histórico Biográfico do Perú

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]