José Manuel Durão Barroso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Manuel Durão Barroso
Nome orixinal(pt) José Manuel Barroso Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Lisboa
Cargos
Subsecretario de Estado no Ministerio de Asuntos Internos (1985 - 1987)<brSecretario de Estado de Asuntos Externos (1987 - 1992)
Ministro de Asuntos Exteriores (1992 - 1995)
Primeiro ministro de Portugal (2002 - 2004)
Presidente da Comisión europea (dende 2004)
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónFaculdade de Direito da Universidade de Lisboa (pt) Traducir
Walsh School of Foreign Service (en) Traducir
Universidade de Georgetown
Universidade de Xenebra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoRelacións internacionais Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolítico e avogado
EmpregadorUniversidade de Georgetown Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialdemócrata de Portugal
Membro de
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2016World Economic Forum Annual Meeting 2016 (en) Traducir
21 de xaneiro de 2015World Economic Forum Annual Meeting 2015 (en) Traducir
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014 Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1578721 Discogs: 5500406 WikiTree: Durão_Barroso-1 Editar o valor em Wikidata

José Manuel Durão Barroso, nado en Lisboa o 23 de marzo de 1956, é un político portugués, presidente da Comisión Europea dende o 23 de novembro de 2004; antes, foi Primeiro Ministro de Portugal (do 6 de abril de 2002, cando herdou o cargo de António Guterres, ó 29 de xuño de 2004, cando foi substituído por Pedro Santana Lopes).

Vida antes de 1995[editar | editar a fonte]

Formación e inicio da súa carreira[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito na Universidade de Lisboa e estudou Ciencias Económicas e Sociais na Universidade de Xenebra. Foi profesor asistente na Facultade de Dereito en Georgetown; despois, regresou a Lisboa e converteuse en director do departamento de relacións internacionais da Universidade Lusíada.

Inicio da súa actividade política[editar | editar a fonte]

Na súa xuventude, Durão pertenceu a numerosos grupos maoístas e comunistas, antes da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974. En 1980 uniuse ó Partido Socialdemócrata de Portugal, de dereitas, no que continúa ata o día de hoxe.

Etapas[editar | editar a fonte]

  • Subsecretario de Estado no Ministerio de Asuntos Internos (1985-1987)
  • Secretario de Estado de Asuntos Externos (1987-1992)
  • Ministro de Asuntos Exteriores (1992-1995)

Vida despois de 1995[editar | editar a fonte]

Oposición[editar | editar a fonte]

En 1995, Durão Barroso foi escollido deputado no Parlamento portugués. Catro anos máis tarde, sería designado presidente do PSD e, polo tanto, líder da oposición.

Goberno[editar | editar a fonte]

O 6 de abril de 2002, Durão Barroso facíase primeiro ministro de Portugal. A súa política viuse marcada polo conservadorismo económico e polo apoio á Guerra de Iraq, opoñéndose así á opinión maioritaria da sociedade do seu país.

Comisión Europea[editar | editar a fonte]

O 29 de xuño de 2004, Barroso dimitiu como primeiro ministro de Portugal para asumi-lo cargo de presidente da Comisión Europea, cargo no que sucedeu ó italiano Romano Prodi.

A elección da Comisión liderada por Barroso non estivo exenta de polémica. Na primeira proposta que se presentou ó Parlamento Europeo, o comisario de Xustiza e vicepresidente era Rocco Buttiglione. Ante a evidencia de que, por uns e outros motivos, o Parlamento non ía acepta-la Comisión, Durão Barroso realizou unha serie de cambios: tras substituír a Rocco Buttiglione por Franco Frattini e a Ingrida Udre por Andris Piebalgs, a Comisión presentouse definitivamente ante o Parlamento e foi aprobada.

Na actualidade, José Manuel Durão Barroso é un dos homes máis destacados na escena política europea actual.


Predecesor:
António Guterres
 
Primeiro Ministro de Portugal
 
2002 - 2004
Sucesor:
Pedro Santana Lopes
Predecesor:
Romano Prodi
 
Presidente da Comisión Europea
 
2004 - 2014
Sucesor:
Jean-Claude Juncker