José Luis Sampedro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Luis Sampedro
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1917
Barcelona, España
Morte8 de abril de 2013 (96 anos)
Madrid, España
Senador de España
15 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola
EducaciónUniversidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEconomista, escritor, político e profesor
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid
University of Salford (en) Traducir
Banco Bilbao Vizcaya Argentaria
Universidade de Liverpool Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela e conto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeOlga Lucas Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjoseluissampedro.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1281083 Bitraga: 3825 Dialnet: 1424746 Musicbrainz: d80e4769-7e95-4728-8d80-bb1f593d4da1 Editar o valor em Wikidata

José Luis Sampedro Sáez, nado en Barcelona o 1 de febreiro de 1917 e finado en Madrid o 8 de abril de 2013[1][2], foi un escritor e economista de orixe catalá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cun ano de vida trasladouse canda a súa familia a Tánxer, onde viviu até os 13 anos. En 1936 é mobilizado polo exército republicano na Guerra Civil Española. Despois incorpórase ao chamado exército nacional. Pasa a guerra en Melilla, Cataluña, Guadalaxara e Huete, na provincia de Cuenca.

Tras obter unha praza de funcionario de aduanas en Santander trasládase a Madrid, onde en 1944 casa con Isabel Pellicer e realiza os seus estudos de Ciencias Económicas que finaliza en 1947 con Premio Extraordinario de Carreira. Comeza a traballar no Banco Exterior de España, ademais de dar clases na universidade. En 1955 convértese en catedrático de Estrutura Económica pola Universidade Complutense de Madrid, posto que ocupará até 1969, compaxinándoo con diversos postos no Banco Exterior de España alcanzando o nivel de Subdirector Xeral.

Escribe daquela a obra de teatro "Un sitio para vivir". Publica "Realidad económica y análisis estructural" e mais "El futuro europeo de España".

Entre 1965 e 1966, ante as destitucións dos catedráticos na universidade española Aranguren e Tierno Galván, decide facerse profesor visitante nas universidades de Salford e Liverpool. Unido a eles, xunto con outros profesores, crean o Centro de Estudos e Investigacións (CEISA) que sería pechado polo goberno tres anos despois. En 1968 é designado "Ann Howard Shaw Lecturer" na universidade norteamericana "Bryn Mawr College". Á súa volta a España pide a excedencia na Universidade Complutense e publica "El caballo desnudo", unha sátira que lle permitirá desafogar as súas frustracións ante a situación do país.

Regresa ao Ministerio de Facenda como Asesor Económico da Dirección Xeral de Aduanas. Imparte cursos na Escola Diplomática, o Instituto de Estudos Fiscais e na Universidade Autónoma de Barcelona. Durante este período escribe "Conciencia del subdesarrollo" e "La inflación en versión completa".

En 1976 volve ao Banco Exterior de España como economista asesor. En 1977 é nomeado senador por designación real, nas primeiras Cortes democráticas, posto que ocupará até 1979. En paralelo á súa actividade profesional como economista, publica diversas novelas e tras a súa xubilación continua dedicado a escribir, conseguindo grandes éxitos con obras como "Octubre, octubre" ou a coñecida novela "Sonrisa etrusca". Os seus éxitos literarios coinciden coa tráxica noticia da morte da súa esposa Isabel en 1986.

En 1990 é nomeado membro da Real Academia Española onde a súa heterodoxo discurso de ingreso, "Desde la frontera" ten moito que ver co tema da súa obra "La vieja sirena", publicada ese mesmo ano, que é un canto á vida, ao amor e á tolerancia.

A finais dos 90 casou coa escritora, poetisa e tradutora Olga Lucas.

Brillantemente lúcido, xa case centenario, exerceu o seu humanismo crítico acerca da decadencia moral e social de Occidente, do neoliberalismo e as brutalidades do capitalismo salvaxe. Sampedro foi presidente honorario non executivo da empresa Sintratel, xunto con José Saramago.

Obras[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • La estatua de Adolfo Espejo (1939)
  • La sombra de los días (1947)
  • Congreso en Estocolmo (1952)
  • El río que nos lleva (1961)
  • El caballo desnudo (1970)
  • Octubre, octubre (1981)
  • La sonrisa etrusca (1985)
  • La vieja sirena, (1990)
  • Real Sitio (1993)
  • El amante lesbiano (2000)
  • La senda del drago (2006)

Relato[editar | editar a fonte]

  • Mar al fondo, 1992.
  • Mientras la tierra gira, 1993.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Principios prácticos de localización industrial, 1957.
  • Realidad económica y análisis estructural, 1959.
  • Las fuerzas económicas de nuestro tiempo, 1967.
  • Conciencia del subdesarrollo, 1973.
  • Inflación: una versión completa, 1976.
  • Escribir es vivir, 2003
  • El mercado y la globalización, 2003.
  • Los mongoles en Bagdad, 2003.
  • Sobre política, mercado y convivencia, 2006
  • Economía humanista. Algo más que cifras, 2009

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • La ciencia y la vida, 2008. Con Valentín Fuster.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En abril de 2009 foi investido como Doutor Honoris Causa da Universidade de Sevilla. En 2010 o Consello de Ministros outorgoulle a Orde das Artes e as Letras de España. En 2011 recibiu o Premio Nacional das Letras Españolas. En 2012 foi nomeado Escritor Galego Universal pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]