Josip Skoblar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skoblar
Información persoal
Nome Josip Skoblar
Nacemento 12 de marzo de 1941
Lugar de nacemento Privlaka
Altura 1,72 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual retirado
Na rede
FIFA: 58132 UEFA: 9651 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Josip Skoblar (nado o 12 de marzo de 1941 en Privlaka) é un ex-futbolista e adestrador iugoslavo/croata.

Clubs[editar | editar a fonte]

Skoblar debutou na primeira división iugoslava co NK Zadar, no ano 1957. En 1959 é transferido ao OFK Beograd no que ficaría ata o ano 1967. Entrementres consegue gañar a Copa de Iugoslavia de Fútbol en 1962 e 1966.

En 1967 decide probar sorte no fútbol xermano, fichando polo Hannover 96. Xogaría un total de 57 encontros anotando 30 goles.

En 1970 marcha ao fútbol francés, ó Olympique de Marseille, onde sería tres veces máximo goleador da liga francesa, entre 1971 e 1973, amais de consegui-la Bota de Ouro en 1971. A nivel de club gaña o título de liga en 1971 e a Copa de Francia de Fútbol en 1972

Selección[editar | editar a fonte]

Skoblar xogou coa selección iugoslava entre 1961 e 1967, un total de 32 encontros e 11 goles. Participou no Mundial de Fútbol Chile 1962 anotando un gol. Iugoslavia remataría en cuarto posto.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Nogometni leksikon (2004, en Croata)