Joshua Fishman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joshua Fishman

Joshua Fishman, nado en Filadelfia en 1926, é un lingüista norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Pensylvania e na de Columbia. En 1960 obtén o posto de profesor de psicoloxía na Universidade Yeshiva de Nova York. Fundou o International Journal of the Sociology of Language.

Especializado no bilingüismo e nos procesos de substitución lingüística, a súa obra Language Loyalty in the United States (1966) serviu de base para a aprobación da Lei de educación bilingüe dos Estados Unidos (1968).

Coas súas obras Readings in the Sociology of Language (1968) e Advances in the Sociology of Language (1971-1972) foi un dos creadores da socioloxía da linguaxe. Fisham modificou a definición de diglosia dada por Charles Ferguson, para lle dar un matiz de funcionalidade comunicativa diferente para cada variedade lingüística que fala a comunidade.