Joseph Paul Gaimard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joseph Paul Gaimard (litografía de Emile Lassalle)

Joseph Paul Gaimard (1796 - 1858) foi un naturalista e viaxeiro francés.
Xunto con Jean René Constant Quoy serviu como naturalista no navío La Coquille baixo as ordes de Louis Isidore Duperrey e no L'Astrolabe baixo o mando de Jules Dumont d'Urville entre 1826 e 1829.
Foi o xefe científico na expedición de La Recherche (1835-1836) ao Océano Ártico, no que visitou Islandia e Groenlandia, froito desa viaxe foi a obra Voyage en Islande et au Groënland (8 volumes de texto e 1 de ilustracións). En 1838, dirixiu unha expedición científica á illa de Spitsbergen.

Cando menos dúas especies de crustáceos levan o seu nome na súa honra

  • Eualus gaimardii (H. Milne Edwards, 1837)
  • Byblis gaimardi (Krøyer, 1846)