Joseph Meyer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josephmeyer.jpg

Joseph Meyer, nado en Gotha (Turinxia) o 9 de maio de 1796 e finado en Hildburghausen o 27 de xuño de 1856, foi un editor e industrial alemán. Foi educado como comerciante en Frankfurt am Main. Marchou a Londres en 1816, pero volveu a Alemaña en 1820 despois de perder moitas accións en manobras especulativas. En Alemaña investiu en empresas de comercio téxtil (1820?1824), na industria mineira e no sector ferroviario, durante as décadas do trinta e os cuarente do século XIX, pero con resultados limitados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Joseph Meyer

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]