Joseph Mascis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
J Mascis
J-mascis.jpg
Mascis no ano 2009
Nome completo Joseph Mascis
Naceu 10 de decembro de 1965 (48 anos)
Orixe Amherst, Massachusetts Flag of the United States.svg
Instrumento(s) guitarra, voz
Relacionado con Dinosaur Jr., J Mascis and the Fog, Witch, Deep Wound, Upsidedown Cross


J Mascis (nado o 10 de decembro de 1965 en Amherst, Massachusetts) é un músico estadounidense. É coñecido sobre todo por ser o cantante, guitarrista e compositor de Dinosaur Jr., a pesares de traballar ocasionalmente como produtor ou como compositor de música de películas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Amherst, Massachusetts, fillo dun dentista local, Mascis fundou a banda hardcore de curta vida Deep Wound, cos amigos do instituto Lou Barlow e Scott Helland a principios dos 80. El comezou tocando a batería, pero cambiou para a guitarra cando fundou o grupo Dinosaur Jr. (co baixista Barlow e o batería Patrick "Murph" Murphy) en 1984 acadando éxito en todo o país. A súa voz foi comparada coa de Neil Young, e os seus riffs de guitarra designados coma "monolíticos". Despois de que Mascis despedise a barlow de Dinosaur Jr. en 1989 gravou varios discos coa banda ata 1997, e tamén un álbum en solitarios acústico titulado Martin + Me en 1996.

Foi batería do proxecto paralelo Upsidedown Cross, unha banda de doom metal de Boston que tamén contaba con Seth Putnam de Anal Cunt, que editou un álbum auto-titulado co selo Taang! Records en 1991. Mascis escribiu temas para a película Gas, Food, Lodging e fixo un cameo na mesma. En 1996 tivo un pequeno papel no filme Grace of my Heart e aportou un par de temas á súa banda sonora. No ano 2000 comezou a traballar nos discos da súa nova banda, J Mascis and the Fog.

En abril do 2005 Mascis reuníuse con Barlow e Murph, o trio orixinal de Dinosaur Jr., para realizar unha xira de celebración da re-edición dos seus primeiros tres álbums. Dende entón lanzaron dous novos traballos: Beyond (2007) e Farm (2009).

No mes de agosto do 2005 Mascis editou un novo traballo en solitrio baixo o nome de J Mascis and Friends, J and Friends Sing and Chant For Amma, un álbum adicado ao líder relixioso hindú Mata Amritanandamayi, sobre o cal anteriormente compuxera a canción "Ammaring", aparecida no primeiro álbum de J Mascis + The Fog More Light. Os beneficios do disco foron donados á organización de Mata Amritanandamayi, que actuou axudando aos damnificados do tsunami do ïndico do ano anterior.