Joseph Kabila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joseph Kabila

Joseph Kabila, nado o 4 de xuño de 1971, é o presidente da República Democrática do Congo desde o asasinato do seu pai Laurent-Désiré Kabila en xaneiro de 2001, no transcurso da Segunda Guerra do Congo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gañou as eleccións presidenciais de 2006 polo que continuou no cargo. O seu partido político é o Partido do Pobo para a Reconstrución e a Democracia.

Intentou deter a guerra civil e facer que se retiraran as tropas estranxeiras do Congo con certo éxito. Tras un acordo de paz, unha administración temporal púxose en marcha en 2003. Nela incluíronse ós xefes dos dous principais grupos rebeldes nos cargos de vicepresidentes. Coa fin de organizar eleccións antes da fin de 2005, distribuíronse os cargos proporcionalmente.

O 28 de marzo de 2004 os seguidores do antigo presidente Mobutu Sese Seko intentaron derrocar ó fillo de Kabila mediante un golpe de estado.

Desde a súa chegada ó poder, Joseph Kabila debeu facer fronte a continuas guerras no leste do Congo ou ás forzas rebeldes internas ou apoiadas polos gobernos veciños (Uganda e Ruanda) que fan reinar a inestabilidade mediante a violencia, o crime e a pillaxe dos recursos mentres a comunidade internacional parece desviar a mirada. Os rebeldes séntense ademais motivados por cousas distintas á obtención da vitoria e o control das minas de ouro e diamante: que Kabila permita que os antigos xenocidas hutus se rearmen e realicen incursións militares en Burundi. Tanto Ruanda como Burundi desexan acabar co período de inestabilidade da rexión dos Grandes Lagos, así como dar caza ós milicianos que se reagrupan ó leste do Congo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Joseph Kabila