Joseph Joffo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joseph Joffo

Joseph Joffo, nado en 1931 en París, é un escritor francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en París, onde seu pai tiña unha perruquería. En 1971 a causa dun accidente de esquí permaneceu inmobilizado e comezou a escribir un relato onde recolleu noveladamente os seus recordos de infancia como un neno xudeu na Francia ocupada, que ao ser publicado, Un sac de billes (1973), se converteu nun éxito editorial que se traduciu a dezaoito linguas (en galego traduciuse en 1988 como Unha bolsa de canicas).

Debido ao enorme éxito desta novela Joffo seguiu publicando:

  • Anna et son orchestre - 1975,
  • Baby foot - 1977,
  • La Vieille Dame de Djerba - 1979,
  • Tendre Eté - 1981,
  • Simon et l'enfant - 1985,
  • Abraham Lévy, curé de campagne - 1988,
  • La Jeune Fille au pair - 1993.