Joseph Cinqué

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sengbe Pieh
Sengbe Pieh
Retrato por Nathaniel Jocelyn, 1840
Nacemento: 1814
Serra Leoa
Falecemento: 1879
Serra Leoa

Sengbe Pieh (tamén coñecido como Joseph Cinqué) nado en 1814 e finado en 1879 foi un home de África Occidental do pobo Mende e un dos principais implicados no caso La Amistad, no que el e outras 51 persoas foron vítimas do comercio ilegal de escravos.

Biografía[editar | editar a fonte]

Cinqué naceu no ano 1814 onde agora é Serra Leoa, mais a data exacta do seu nacemento é descoñecida. El era un agricultor de arroz, casado, con tres fillos, cando foi capturado ilegalmente polos traficantes de escravos africanos en 1839 e aprisionado no navío negreiro portugués Tecora. Isto era unha violación dos tratados internacionais que prohibían o comercio de escravos. Cinqué foi levado a Cuba, onde foi vendido con outras 51 persoas ós españois José Ruiz e Pedro Montez.

Os españois transportaron ós presos a bordo dun navío chamado La Amistad, coa intención de vendelos como escravos en Cuba para traballar en plantacións de azucre. O 30 de xuño, Cinqué comezou unha revolta, matando ó capitán e ó cociñeiro do navío; dous escravos tamén morreron, e dous mariñeiros escaparon. Os africanos fixeron prisioneiros a Ruiz e Montez, os dous comerciantes que fixeran a compra, e esixiron que eles levasen o barco de volta a Serra Leoa.

Pero foron enganados por Ruiz e Montes, que levaron o barco ata as costas dos Estados Unidos. Chegaron a Long Island, Nova York e membros do USS Washington abordárono. Cando descubriron o que acontecera (acordo ca versión dos españois), acusaron ós africanos de amotinamento e asasinato, e leváranos a New Haven, Connecticut para xulgalos.

Os dous españois afirmaban que os africanos xa eran escravos en Cuba cando foron adquiridos e polo tanto de propiedade legal. Por outra banda os defensores dos escravos lograron atopar tradutores de mende a inglés, o que permitiu ós africanos contar a súa historia ós avogados e á corte. Cinqué foi o representante informal do grupo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joseph Cinqué Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]