Joseph-Marie Leray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoseph-Marie Leray
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1854 Editar o valor em Wikidata
Loira Atlántico, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte17 de outubro de 1929 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Vigairo apostólico
27 de xullo de 1897 –
Bispo titular
24 de xullo de 1897 –
Diocese: Remesiana (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1898–), sacerdote católico (1879–) Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónPierre-Émile Rouard (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Joseph-Marie Leray, nado en Montoir-de-Bretagne (Francia) o 25 de xaneiro de 1854 e finado en Nonouti (Kiribati) o 17 de outubro de 1929, foi un misioneiro católico francés, vigairo apostólico das Illas Gilbert entre 1897 e 1926.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Leray foi ordenado sacerdote en 1879, e en 1886 profesou como membro dos Misioneiros do Sagrado Corazón. Foi un dos primeiros tres misioneiros católicos enviados en 1887 ás Illas Gilbert, que chegaron a Nonouti en 1888.

O 24 de xullo de 1897 foi nomeado vigairo apostólico das Illas Gilbert e bispo titular de Remesiana. Recibiu a consagración episcopal o 26 de xuño de 1898 de mans de Pierre-Emile Rouard, bispo de Nantes.

Retirouse en 1926. Finou en Nonouti o 17 de outubro de 1929.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
(creación da vigairía)
 Vigairo apostólico das Illas Gilbert 
1897 - 1926
Sucesor:
Joseph Bach