Josep Mercader Bosch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mercader
Información persoal
Nome Josep Mercader Bosch
Nacemento 6 de agosto de 1957 (66 anos)
Lugar de nacemento Vidreres
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
FC Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1979-1980 FC Barcelona B 26 (8)
1980–1981CE Sabadell "Cedido" 37 (7)
1981-1986 Celta de Vigo 128 (22)
1986–1987 Cartagena FC 25 (4)
1987–1990 Palamós CF
1990–1992 Girona FC
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Josep Mercader Bosch, nado en Vidreres (provincia de Xirona) o 6 de agosto de 1957, é un exfutbolista catalán que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, chegando a debutar co filial do equipo catalán. Porén, foi cedido unha tempada ao CE Sabadell e finalmente traspasado en 1981 ao Celta de Vigo de Segunda División. No equipo galego trascorreu a maior parte da súa carreira.

No seu primeiro ano tivo un papel protagonista na tempada que rematou co ascenso do equipo a Primeira División. Porén, xa a comezos do ano de regreso lesionouse xunto con outro dos puntais do equipo, o brasileiro Ademir, o que levou ao equipo de novo a Segunda División.

Ao ano seguinte convértese no máximo goleador do equipo pero non acada o ascenso, obxectivo que si que se conseguiu na tempada 1984/85. Porén, Mercader foi perdendo peso no equipo en favor doutros xogadores.

En 1986 fichou polo Cartagena FC e ao ano seguinte volveu a Cataluña fichando polo Palamós CF. Retirouse xogando no Girona FC.