Xosefa de Bastavales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Josefa de Bastavales»)
Infotaula de personaXosefa de Bastavales
Biografía
Nacemento(es) Josefa de Bastavales Editar o valor em Wikidata
20 de xullo de 1932 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Gorgullos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpercusionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Josefa Juncal Barreiro, máis coñecida como Josefa de Bastavales, nada en Santaia (Gorgullos, Tordoia) o 20 de xullo de 1932, é unha pandeireteira galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou o seu interese no mundo da música por medio dun veciño que tocaba o acordeón nas celebracións relixiosas na igrexa de Bastavales (Brión). Josefa aprendeu a tocar o acordeón e comezou a practicar coa pandeireta pola súa conta e máis a cantar. Cando cumpriu os dezaseis anos os seus pais fóronse a vivir á parroquia de Bastavales. A pesar de deixar de vivir en Tordoia, Josefa seguiu mantendo contacto co seu concello natal, e ía con frecuencia ás súas romarías. Pódese dicir que Josefa foi unha muller autodidacta no mundo da música, ela ten moitas habilidades para tocar certos instrumentos musicais e tamén para cantar.

Josefa colaborou en diversos programas de televisión, visitando distintos lugares da xeografía galega e compartiu escenario con distintos grupos de recoñecido prestixio tanto a nivel nacional como internacional. Entre eles están Cristina Pato, Susana Seivane, Fuxan os ventos e o grupo de música folk irlandés The Chieftains.

Esta veciña de Brión foi impulsada polo músico Manu Chao e viviu a súa mellor experiencia musical actuando con el no Festival Internacional de música en Francia. Tamén da súa man actuou en distintos concertos en Barcelona.[1].

Na actualidade Josefa tivo a oportunidade de gravar unha película pero ela non aceptou xa que as súas fillas non podían acompañala, como o fixeran antes nas viaxes con motivo dos concertos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]