Josef Vašíček
Josef Vašíček, nado o 12 de setembro de 1980 en Havlíčkův Brod, Checoslovaquia e finado o 7 de setembro de 2011, foi un xogador de hóckey sobre xeo que xoga cos Nashville Predators da National Hockey League.
Na tempada 1998-1999 deu o salto ó hockey canadense ó entrar no Sault Ste. Marie Greyhounds da Ontario Hockey Ligue, unha das ligas xuvenís do Canadá. No 2000 entrou na National Hockey Ligue ó fichar polos Caroline Hurricanes, na tempada 2004-2005 foi cedido ó HC Slavia Prague de Chequia e no verán de 2006 foi cambiado ós Nashville Predators por Scott Walker.
En 2008 asinou un contrato co equipo ruso Lokomotiv Yaroslavl da KHL.
O 7 de setembro de 2011 morreu co resto dos seus compañeiros e adestradores do Lokomotiv Yaroslavl nun accidente de avión nas aforas de Yaroslavl cando o equipo se dirixía a Minsk para disputar a primeira xornada da tempada 2011-12.