Josef Schulz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O arquitecto Josef Schulz aos 43 anos.

Josef Schulz, nado en Praga (Imperio Austrohúngaro) o 11 de abril de 1840 e finado na mesma cidade o 15 de xullo de 1917, foi un arquitecto e restaurador checo. Foi profesor da Universidade Técnica Checa en Praga, e membro da Academia Checa de Ciencias.

Estudou na Academia de Viena e en Italia. A súa fonte de inspiración era o Renacemento checo e italiano, sendo tamén influenciado polo historicismo vienés. Os seus edificios caracterízanse pola franqueza e a precisión.

Algunhas das súas obras son o Museo de Artes decorativas de Praga[1]ou o Museo Nacional de Praga.

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Josef Schulz