Joseba Sarrionaindia
| Joseba Sarrionaindia Uribelarrea | |
|---|---|
| Nacemento: | 1958 Iurreta, Biscaia, País Vasco |
| Lingua: | Éuscaro |
| Xénero(s): | Poesía, Ensaio |
Joseba Sarrionandia Uribelarrea, Sarri, nado en Iurreta, Biscaia, en 1958, é un poeta e filólogo vasco. É un dos escritores contemporáneos en éuscaro máis coñecidos.
Traxectoria[editar]
Estudou filoloxía vasca na Universidade de Deusto e foi profesor de fonética na UNED. Publicou os seus primeiros escritos en revistas vascas como Pott, Zeruko Argia, Anaitasuna, Jakin, Oh Euzkadi, Ibaizabal e nos xornais Egin e Egunkaria. Foi tamén tradutor ao éuscaro de diversas obras literarias, como as de T. S. Eliot. O poemario Izuen Gordelekuen Barrena (Dentro dos agochamentos dos medos), foi o seu primeiro libro publicado.
No 1980 foi condenado a 22 anos de cárcere pola súa pertenza á ETA. Cinco anos máis tarde fuxiu xunto a outro preso etarra, Iñaki Pikabea, da cadea de Martutene, agochado nun bafle tras un concerto do cantante Imanol. A espectacular fuxida inspirou a famosa cantiga "Sarri, Sarri" do grupo vasco Kortatu. Dende entón está en paradeiro descoñecido malia que segue a publicar libros. No 2001 recibiu o Premio Nacional da Crítica de narrativa en éuscaro, outorgado pola Asociación Española de Críticos Literarios.
Obras[editar]
- Izuen gordelekuetan barrena (Dentro dos agochamentos dos medos), 1981.
- Narrazioak (Narracións), 1983.
- Intxaur azal baten barruan. Eguberri amarauna, 1983.
- Alkohola poemak, 1984.
- Ni ez naiz hemengoa (Eu non son de aquí), 1985.
- Atabala eta euria (Chuva e tamboril), 1986.
- Marinel zaharrak (Os vellos mariñeiros), 1987.
- Marginalia, 1988.
- Ez gara geure baitakoak (Non somos de nós mesmos), 1989.
- Izeba Mariasunen ipuinak, 1989.
- Ainhoari gutunak, 1990.
- Ifar aldeko orduak (As horas do norte), 1990.
- Gartzelako poemak (Poemas do cárcere), 1992.
- Han izanik hona naiz (Tendo estado alí, veño aquí), 1992.
- Hnuy illa nyha majah yahoo, 1995.
- Miopeak, bizikletak eta beste langabetu batzuk, 1995.
- Hitzen ondoeza (O malestar das palabras), 1997.
- Hau da nire ondasun guzia, 1999.
- Zitroi ur komikiak: Joseba Sarrionandia komikitan, 2000.
- Lagun izoztua (O compañeiro conxelado), 2001.
- XX. mendeko poesia kaierak: Joseba Sarrionandia, 2002.
- Kolosala izango da (Vai ser mundial), 2003.
- Akordatzen (Lembrando), 2004.
- Harrapatutako txorien hegalak, 2005.
- Munduko zazpi herrialdetako ipuinak, 2008.
- Gau ilunekoak, 2008.
- Idazlea zeu zara, irakurtzen duzulako, 2010.
- Moroak gara behelaino artean?, 2010.
- Narrazio guztiak (1979-1990), 2011.
