Jose Luis Zorrilla de San Martin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Luis Zorrilla de San Martín, nado en Madrid o 5 de setembro de 1891 e finado en Montevideo o 24 de maio de 1975, foi un escultor e pintor hispano-uruguaio. Foi un dos escultores que prolongou o modernismo de Antoine Bourdelle nos monumentos significativos de Montevideo. Na súa obra hai ecos dunha estética barroca que é unha constante no seu quefacer plástico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios artísticos[editar | editar a fonte]

Fillo do escritor Juan Zorrilla de San Martín, Ministro Plenipotenciario do Uruguai na Corte de Alfonso XIII. Ós tres anos trasladouse a París, cidade na que coñeceu a Carlos Federico Sáez. No 1898 trasladouse a Montevideo. Os seus primeiros retratos ó óleo datan do 1906 e mostran unha gran influencia de Sáez. Cursou estudos no Círculo de Belas Artes co pintor Vicente Puig e posteriormente recibiu clases do escultor Felipe Bernini (1909). Entre o 1911 e 1914, realizou as súas primeiras exposicións en pequenos salóns.”.

Etapa europea[editar | editar a fonte]

Ó recibir unha beca do goberno uruguaio no 1914, para estudar en Múnic, debeu permanecer en Florencia sen chegar ó seu destino porque desatouse a Primeira Guerra Mundial. Regresou ó Uruguai ó ano seguinte e ingresou no Palacio Lexislativo como axudante de escultura. Gañou o Concurso Internacional para realizar o Monumento al Gaucho (1922) e casado con Guma Muñoz del Campo, trasladouse con ela e as súas dúas primeiras fillas -Guma e Concepción- a París, onde instalou un taller e estudou co escultor Antoine Bourdelle.

O monumento debeu fundilo en Bruselas, porque o mellor taller de fundición da capital francesa estaba ocupado na realización do Alvear de Bourdelle, a quen máis adiante vincularíase como discípulo e como amigo. Nese mesmo ano, realizou "Viejo Vizcacha" e a estatua de José Gervasio Artigas no Paraguai.

Desa época é tamén San José y el Niño, destinada a unha igrexa da Illa Saint Louis. Paralelamente concorría ós talleres de Maillol, Despiau e Drivier. No 1925 presentou a Fonte dos Atletas, no Salón de Otoño (actualmente, situada no Parque Rodó de Montevideo), pola cal recibiu a Medalla de Prata.

Regreso ao Uruguai[editar | editar a fonte]

No 1925 regresou ó Uruguai e ó ano siguinte inaugurou o Monumento al Gaucho. Obra dos anos siguintes: monumento á Batalla de Sarandí (1930), decoración da capela da cárcere de mulleres (1930), estatua ecuestre do Grito de Asencio (1936) e o obelisco aos constituíntes do 1830 (tamén do 1936, aguxa de granito de 41 metros de alto, con tres alegorías de bronce, instalado no Parque José Batlle y Ordóñez de Montevideo).

Do 1930 é o monumento xacente de Monseñor Mariano Soler, Primeiro Arcebispo de Montevideo, emprazado na Catedral desa cidade. Foi convidado a concorrer á Exposición de París do 1937 e foi declarado "hóspede de honra". No 1940, á súa vez, foi convidado a viaxar aos Estados Unidos, polo presidente Franklin D. Roosevelt.

No 1937 gañou o concurso internacional para o monumento ao Xeneral Julio Roca e abriu un taller enBuenos Aires para a súa execución. A obra foi inaugurada no 1941 e se encontra na esquina da Avenida Presidente Julio Argentino Roca e a rúa Perú desa cidade. Na súa base revestida en mármore, destácanse dúas alegorías que representan a Patria e o Traballo, e no coroamento do monumento eríxese a escultura do Xeneral Rocha montando un cabalo.

En 1947 realizou a estatua de Artigas que se encontra no Banco da República Oriental do Uruguai (inaugurada en 1949). O monumento para Artigas, encargado polo goberno de Arxentina, foi realizado en 1960, pero a súa inauguración demorouse ata 1971. En 1966, con motivo de inaugurarse a estatua de Artigas de pé, foi invitado polo goberno de Italia a concorrer ao acto e outorgóuselle o título de Comendador. Tamén realizou un Artigas con destino a Vila Borghese, en Roma (1967). El Viejo Pancho, situado na praza da rúa Libertad de Montevideo, data de 1969.

Entre 1940 e 1961 foi Director do Museo Nacional de Artes Visuales de Montevideo.

Casou con Guma Muñoz del Campo, con quen tivo cinco fillas. A súa segunda filla é a famosa actriz Concepción "China" Zorrilla. Faleceu en Montevideo aos 83 anos de idade.

O edificio lindeiro ao Museo Zorrilla en Punta Carretas alberga o seu taller. A Escola Pública Nº139 e a rúa onde se localiza o Museo Zorrilla de Montevideo levan o seu nome como homenaxe.

Notas[editar | editar a fonte]

http://mnav.gub.uy/cms.php?a=512

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jose Luis Zorrilla de San Martin