José de Madrazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José de Madrazo.

José de Madrazo y Agudo, nado en Santander o 22 de abril de 1781 e finado en Madrid o 8 de maio de 1859, foi un pintor e gravador español, tanto barroco como neoclásico. Pai de Federico Madrazo e avó de Raimundo Madrazo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou con Gregorio Ferro, quen lle aprendeu o estilo e a técnica da pintura de Anton Raphael Mengs, na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. A partir de 1803, estudou en París, con Jacques-Louis David, onde se forma como verdadeiro pintor neoclásico e establece amizade con Ingres. Baixo o goberno de José Bonaparte marcha bolseiro a Roma.