José de Caralt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José de Caralt Sala (Barcelona, 1862 - Sant Andreu de Llavaneres, 1944) foi un industrial e político catalán.

Empresario do cánabo, comezou militando na Lliga Regionalista, pero descontento coa súa política deixou o partido. Foi profesor da Escola Industrial de Barcelona entre 1893 e 1897. Presidente da Asociación de Enxeñeiros Industriais de Barcelona de 1901 a 1903. Afonso XIII concedeulle o título de Conde de Caralt no 1916. Presidente do Fomento do Traballo en 1916 e entre o 2 e o 22 de marzo de 1918 ministro de Facenda no goberno do marqués de Alhucemas. Durante a Ditadura de Primo de Rivera pertenceu á Unión Monárquica Nacional. Apoiou a sublevación militar contra o goberno da Segunda República Española no 1936.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: José de Caralt