José Viéitez de Soto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Viéitez de Soto
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1910 Editar o valor em Wikidata
Celanova, España Editar o valor em Wikidata
Morte1957 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Viéitez de Soto, nado en Celanova o 29 de xullo de 1910 e finado en México en 1957, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coa morte temperá do seu pai, ingresou no Colexio de Orfos de Adxudicatora dos Maristas. Emigrou a Buenos Aires e regresou a Galicia para facer o servizo militar en Ferrol, mentres cursaba Maxisterio. Alí coñeceu a Carmen Gómez Martínez coa que casou, e alí naceu a súa filla Ana Viéitez Gómez en decembro de 1935. Estivo destinado como mestre en Magán (Cuntis) dende xaneiro de 1935. Militante de Izquierda Republicana, interveu nos mitins da comarca de Caldas na campaña da Fronte Popular para as eleccións de febreiro de 1936.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido nas Neves o 22 de agosto, levado a prisión de Pontevedra e trasladado á Illa de San Simón o 21 de outubro. Logo de pagar unha suma de cartos foi posto en liberdade. Retornado a Ferrol, foi chamado a quintas e incorporouse ao exército franquista no Batallón Gallego. Na fronte madrileña realizou unhas declaracións aos soldados denunciando a represiva sublevación franquista. Por estas manifestacións foi detido e sometido a consello de guerra en Talavera de la Reina o 27 de novembro de 1937. Foi condenado a morte, pero a pena foille conmutada pola de cadea perpetua e inhabilitación absoluta. En marzo de 1938 foi trasladado á prisión de San Cristóbal de Pamplona. Trasladado a San Simón en xaneiro de 1939, permaneceu na illa ata marzo, cando o trasladaron á prisión central de Figueirido. Foi trasladado de xeito definitivo a San Simón en setembro de 1939.

Saíu do cárcere en febreiro de 1941, acolléndose aos beneficios da liberdade condicional,[1] instalouse en Ferrol e puxo en marcha un negocio de distribución e venda de froita coa axuda do seu irmán residente nas Canarias. Pero a presión represiva e a imposibilidade de exercer como mestre lévano en 1946 a escapar a Portugal e de alí embarcar para México. Instalouse en Puebla e comezou a traballar como axente de laboratorio facendo visitas médicas. Dous anos despois logrou traer á familia de Galicia e trasladáronse a Cidade de México.[2] José perdeu o traballo e tiveron que marchar a Puebla, onde montou unha granxa de polos. Alí morreu en 1957.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Gómez Martínez e foi pai de Ana María Viéitez Gómez.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]