José Vázquez Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Vázquez Vigo, nado en Ferrol o 22 de abril de 1898 e finado en Bos Aires o 26 de novembro de 1955, foi un músico e compositor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1914 marchou a Bos Aires onde se reuniu co seu irmán Julio que emigrara anteriormente. Foi director de orquestras porteñas como Iberia ou Los Murciélagos. Compuxo pasodobres, xotas, muiñeiras, rancheiras, tangos e valses, con títulos de éxito como Currito de la Cruz, Cara Morena, La coruñesa, La comadreja, Guitarra española, Mulatita mía, e Nena. Chegou a compoñer un tango, Maryflor, que gravou Carlos Gardel, de quen foi secretario persoal durante algún tempo. Tamén foi amigo do compositor Enrique Santos Discépolo, con quen colaborou como director musical en catro películas realizadas por Discépolo: El amanecer de una raza, Loco lindo, Melodías porteñas e Palermo.

Regresou a España en 1947 instalándose en Madrid, pero volveu a Arxentina uns anos despois.

É o avó da actriz española Verónica Forqué.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]