José Rodríguez Sangiao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Rodríguez Sangiao

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xuño de 1937 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Rodríguez Sangiao, nado na Estrada cara a 1898 e finado en Pontevedra o 5 de xuño de 1937, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chapista, traballou na Coruña, Ferrol, Betanzos e finalmente, o 1 de abril de 1929, abriu no lugar da Costa (na saída da Estrada cara Cereixo) xunto co seu socio, José Campañó, un taller de “carrocerías para automóviles, pintura al Duco, soldadura autógena y cerrajería artística en general”.

Como directivo da Sociedade Agrícola de Guimarei, foi procesado en 1932 polo conflito que se vivía na parroquia entre o Sindicato e o mestre, aínda que a súa causa foi sobresida. Presidiu ese mesmo ano a Festa Escolar de Guimarei, en calidade tamén de presidente do Comité Executivo da Federación de Labradores.

Xunto con outros veciños de Guimarei remataron aliñándose cada vez máis co PCE, quizais como consecuencia da situación de tensión que se viviu na parroquia. O 5 de maio de 1936, logo do triunfo do Fronte Popular, restituíronse as corporacións elixidas democraticamente; máis na Estrada, logo de cinco anos sen eleccións e con diversas renuncias, a corporación xa non tiña quórum e foi preciso nomear por orde gobernativa unha comisión xestora. Non en tanto, respectouse aos cargos electos e mesmo volveu a escollerse ao alcalde que existía en 1934, Jesús Puente Fontanes. Foi entón cando entrou como 5º tenente de alcalde José Rodríguez Sangiao, xa coa adscrición comunista e ocupou a Concellería de Instrución Pública.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentouse no cuartel da Garda Civil para falar co alférez-xefe, quen o remitiu ao acabado de nomear alcalde Pedro Gil Crespo a quen acompañou na recollida de armas e dinamita. Ao día seguinte, xunto co resto dos concelleiros republicanos cesados acordaron ir comer fronte ao cuartel, onde foron detidos.[1] Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte e fusilado en Pontevedra o 5 de xuño de 1937.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]