José Ramón Rodil
José Ramón Rodil Galloso y Campillo, nado en Santa María de Trobo (Begonte) o 5 de febreiro de 1789 e finado en Madrid o 20 de febreiro de 1853, foi un militar e político galego.
Traxectoria [editar]
Tras participar na Guerra da Independencia, seguiu a súa carreira de militar, e foi destinado a Perú en 1817. Gobernador de El Callao, non aceptou a capitulación española e distinguiuse na defensa da praza, asediada polos independentistas. Voltou a España e serviu a Isabel II. En 1834 pasou a Portugal con 15.000 homes, co fin de lograr a expulsión de aquel país do infante Carlos. En xuño recibiu o mando do exército do Norte, que ostentou soamente uns meses. Foi Ministro da Guerra no goberno de Mendizábal e Calatrava no ano 1836, e durante a rexencia de Espartero, presidente do Consello de Ministros dende 1842 a 1843, cargo do que foi obrigado a dimitir. Posteriormente foi vicerrei de Navarra e capitán xeral doutras diversas rexións.
| Reinado de Isabel II de España | ||
|---|---|---|
Segue a: Antonio González y González |
José Ramón Rodil | Precede a: Joaquín María López |
| Presidente do Goberno de España | ||