Policarpo Sanz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Policarpo Sanz Souto»)
Infotaula de personaPolicarpo Sanz

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalJosé Policarpo Sanz Soto
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1841 Editar o valor em Wikidata
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de setembro de 1889 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró
Cemiterio de Picacho Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIrene de Ceballos Editar o valor em Wikidata

José Policarpo Sanz Soto, nado en Marín o 25 de xaneiro de 1841 e finado en París o 9 de novembro de 1889, foi un industrial e mecenas galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do peiteador tudense Diego Sanz Cividanes e da viguesa Antonia Soto Díaz, naceu en Marín, se ben a súa infancia transcorreu en Vigo. Como emigrante en Cuba, primeiro, e nos Estados Unidos de América, despois, José Policarpo Sanz Soto construíu un importante grupo industrial, axudado tamén polo seu casamento con Irene de Ceballos, adiñeirada herdeira de orixes cubanas.

Fixo testamento en 1888. Despois da súa morte e a da súa muller e herdeira única e universal que o sobreviviu 46 anos, seguíndose o seu desexo, a súa inmensa colección de obras de arte foi doada ao Museo Municipal de Vigo. Nesa colección atopábanse importantes cadros de pintores flamengos, franceses, italianos e españois.[1]

Tralo seu pasamento en París en 1889, os seus restos embalsamados, foron trasladados en 1891 ao antigo cemiterio de Vigo de Picacho, e máis tarde a un panteón ao daquela novo Cemiterio de Pereiró.

Na súa honra, o concello de Vigo bautizou unha das súas principais rúas co nome do mecenas, que hoxe é o enderezo das sedes de institucións bancarias, de teatros e centros culturais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lamas, Jorge (12/9/2015). "Réquiem por Policarpo Sanz". La Voz de Galicia (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]