José Pereira Míguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Pereira Miguez»)
José Pereira Míguez
Nome completoJosé Enrique Pereira Míguez
Nacemento5 de novembro de 1884
Lugar de nacementoRedondela
Falecementooutubro de 1956
Lugar de falecementoRedondela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e político
PaiManuel Pereira Míguez
IrmánsLuís Pereira Míguez e Florentino Pereira Míguez
editar datos en Wikidata ]

José Enrique Pereira Míguez[1] ou quizais Miguez[2], nado en Redondela o 5 de novembro de 1884 e finado na mesma vila en outubro de 1956, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Pereira Míguez.[3] Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1907. Destacou na loita antiforal e foi concelleiro en 1915. Na Segunda República foi secretario da directiva do Centro Republicano de Redondela (1933). Foi secretario da agrupación local do PSOE de Redondela,[1] así como da UXT.[4]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en setembro, xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado a cadea perpetua.[1] Estivo preso no cárcere de Vigo, na Illa de San Simón e no Castelo de San Cristóbal (Pamplona), onde ingresou o 22 de febreiro. Tamén foi condenado a pagar unha forte indemnización polo que lle foron embargados todos os bens. Ao saír do Penal de San Cristóbal en abril de 1939 estivo desterrado en Ceuta, regresando finalmente a Redondela, onde exerceu outra vez a súa profesión. Tamén foi médico en Domaio e na Lama. Finou en Redondela en outubro de 1956.[5][6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Ibáñez Araújo en decembro de 1911,[7][8] e foi pai de Enrique, Carlos, María de los Ángeles, Alberto, Álvaro, María del Carmen e José Pereira Ibáñez. Foi irmán[8] de Manuel, Luis, Florentino e Antonio Pereira Míguez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "José Pereira Míguez - Nomes e Voces". vitimas.nomesevoces.net. Consultado o 2022-08-22. 
  2. "Buscador de represaliados de la Guerra Civil española". buscar.combatientes.es (en castelán). Consultado o 2022-08-22. 
  3. El Pueblo Gallego, 31-5-1939, p. 6.
  4. "Pereira Míguez, José · Censo de Represaliados de la UGT · Censo de Represaliados y Víctimas de la UGT". censorepresaliadosugt.es. Consultado o 2022-08-22. 
  5. El Pueblo Gallego, 14-10-1956, p. 12.
  6. Necrolóxica en La Noche, 17-10-1957, p. 6.
  7. La Correspondencia Gallega, 12-12-1911, p. 2.
  8. 8,0 8,1 "Family tree of D.José Pereira Míguez". Geneanet (en inglés). Consultado o 2022-08-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada: Do Castro. pp. 301–304. ISBN 84-8485-090-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]