José Peña Meléndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Peña Meléndez
Biografía
Morte17 de xuño de 1895 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , debuxante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRamón Peña Editar o valor em Wikidata
IrmánsValentín Peña Editar o valor em Wikidata

José Peña Meléndez, coñecido como Pepe Peña, finado en Vilagarcía de Arousa o 17 de xuño de 1895[1], foi un debuxante e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de Debuxo na Escola de Debuxo da Sociedade Económica[2] e no Instituto de Santiago. Co seu irmán Valentín Peña fundou e dirixiu o periódico satírico El Ciclón. Escribiu a zarzuela De regreso de pascuas, estreada en Santiago de Compostela en 1886, e o xoguete cómico Un baño, estreado en Vilagarcía ese mesmo ano.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Paz Gil Serrano e foi pai de Ramón Peña Gil.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticia en Gaceta de Galicia, 18-6-1895, p. 2.
  2. López Vázquez, José Manuel B. (2006). A escola de debuxo. Os artistas da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela. 1784-2006 (Fundación Caixa Galicia). p. 127. ISBN 84-96494-85-3.