José Pan de Soraluce
José Pan de Soraluce Español, nado na Coruña o 14 de maio de 1875 e finado en Madrid o 19 de marzo de 1948, foi un avogado, político e diplomático galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Despois de finalizar os estudos diplomáticos, foi destinado a París, onde desempeñou o cargo de vicecónsul e cónsul. Escribiu crónicas xornalísticas que se publicaron no xornal coruñés El Noroeste baixo o pseudónimo de "Micromegas". Regresou á Coruña, dirixiu El Orzán e foi elixido deputado en Cortes (1918-1919), e despois senador pola provincia da Coruña (1921-1922). En 1930 foi nomeado subsecretario do Ministerio de Economía Nacional. Despois da súa actividade política, volveu á carreira diplomática e foi destinado a embaixadas de diversos países. Trala Guerra Civil, ocupou foi conselleiro do Ministerio de Industria e xefe da sección europea da Dirección Xeral de Política do Ministerio de Asuntos Exteriores.
Obras [editar]
- La ciudad encantada, 1908.