José Ortega Cano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ortega Cano

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) José María Ortega Cano Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de decembro de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Cartaxena, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatador , toureiro , gandeirio de bravo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
CónxuxeRocío Jurado (1995–2006), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
Condenado porHomicídio culposo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
Alternativa (tauromaquia) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

José María Ortega Cano, nado en Cartagena o 27 de decembro de 1953, é un toureiro español retirado

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Está considerado un toureiro de corte clásica. Tomou a alternativa en Zaragoza en 1974 e converteuse nunha das principais figuras da tauromaquia durante os anos 1980 e primeiros anos 1990. Obtivo importantes triunfos en Las Ventas de Madrid, de onde saíu ao carricho en catro ocasións e onde en 1982 lidou a Velador, o único touro indultado nesta praza. Viviu tamén a cara amarga do toureo, sufrindo diversas collidas de enorme gravidade.

Foi fortemente criticado [Cómpre referencia] por algunhas das súas actuacións durante os seus últimos anos como matador, nos que adquiriu gran popularidade mercé ao seu matrimonio coa cantante Rocío Jurado.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou o 17 de febreiro de 1995 coa cantante Rocío Jurado, en Castilblanco de los Arroyos.​ En decembro de 1999 adoptaron dous nenos, José Fernando (1993) e Gloria Camila (1996), que naceran en Colombia.​​ Enviuvou ao finar Rocío Jurado en 2006 por cousa dun cancro de páncreas; casou de segundas en 2018 con Ana María Aldón, coa que levaba varios anos de noivado, e tiveron un fillo, José María (2013).

En 2011, mentres guiaba o seu coche, borracho e a máis velocidade da permitida[1], matou un home que ía noutro automóbil. Como consecuencia, foi xulgado e condenado a dous anos, seis meses e un día de prisión por homicidio imprudente e condución temeraria. Logo dun ano e un mes no cárcere de Zaragoza, concedéronlle o grao de semiliberdade.​

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. del Campo, Eduardo (2016-05-23). "Cuando Carlos Parra se cruzó con José Ortega Cano: así era El Belga". El Mundo (en castelán). Consultado o 2022-10-10.