José Martínez Pereiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Martínez Pereiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1888 Editar o valor em Wikidata
Noia, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de setembro de 1957 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , mestre , avogado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Martínez Pereiro, nado en Noia en 1888 e finado na Coruña o 12 de setembro de 1957,[1] foi un avogado galego que exerceu de mestre, avogado e director do xornal El Ideal Gallego entre 1931 e 1936.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia burguesa de Noia, estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Un dos seus irmáns, Manuel Martínez Pereiro, foi Inspector Xeral de Traballo e Secretario Nacional de Acción Católica.[2] O seu curmán de segundo grado,[3] Alejandro Rodríguez Cadarso, foi un destacado político noiés que chegou a ser reitor da Universidade de Santiago ata a súa morte en 1933.

Ademais de exercer de avogado, José Martínez Pereiro traballou como mestre de escola en Porto do Son e Ribadeo antes de instalarse definitivamente na cidade da Coruña. Alí traballou para a Deputación provincial e foi nomeado deputado provincial en 1929. Dende 1927 e durante a Segunda República española traballou como director do xornal El Ideal Gallego.[4] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado redactor xefe de La Voz de Galicia en agosto de 1937.[5] No franqusimo foi letrado asesor do Concello da Coruña.

Faleceu dun infarto en 1957.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]