José María Urquiola Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María Urquiola Iglesias
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata
Mieres, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de novembro de 1979 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesChema Urquiola
Pepe
Tino Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

José María Urquiola Iglesias, coñecido como Chema ou Pepe ou Tino, nado en Mieres en 1906 e finado en Oviedo o 25 de novembro de 1979, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do PCE. En xuño de 1943 foi o encargado de solicitar aos guerrilleiros da Federación de Guerrillas de León-Galicia reunidos en Ferradillo a súa incorporación á Unión Nacional, que nun principio foi rexeitada. Pero en setembro, no III Congreso da Federación, esta adheriuse. Foi o encargado de reconstituír os comités provinciais do PCE. En 1944 foi procesado con Antonio Paleo Saavedra, Severino González Guitián e outros no sumario 390/44 do Xulgado Militar Especial de Oviedo por un delito contra a Lei de Seguridade do Estado.[1]

Foi detido o 7 de xaneiro de 1945 en Ourense, e como consecuencia caeron 79 persoas na provincia de Lugo e en Ferrol, o que provocou unha desfeita no Partido Comunista. Fuxiu cando era trasladado a Madrid, pero foi novamente detido na capital do Estado en 1945. Xulgado por rebelión militar na Coruña no proceso 75/1946, en consello de guerra celebrado o 18 de xullo de 1946, foi condenado a pena de morte, conmutada a reclusión perpetua e finalmente a trinta anos de prisión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boletín Oficial da Provincia de Oviedo, 20-1-1945, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]