José María Ozores de Prado
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José María Ozores de Prado, nado na Coruña o 14 de maio de 1877 e finado na mesma cidade o 15 de febreiro de 1927, foi un xurista e político galego.
Traxectoria [editar]
Fillo de Eduardo Ozores Valderrama e irmán de Jaime Ozores de Prado. Membro do Partido Liberal, foi deputado nas Cortes (1914-1922) pola Coruña e senador pola provincia da Coruña (1923). Presidiu a Deputación da Coruña, a Real Academia Galega de Belas Artes (1922-1927) e o consello de administración de La Voz de Galicia (1912-1927).