José María González Barcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José María González Barcia
Nacemento1956
Lugar de nacementoBurela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José María González Barcia, nado en Burela en 1956, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1991 encabezou a candidatura do PPdeG en Cervo e foi o portavoz deste grupo na oposición. Trala segregación de Burela en decembro de 1994 pasou a ser vogal na comisión xestora do novo concello. Formou parte da candidatura do PPdeG en Burela en 1995 e foi elixido concelleiro, asumindo responsabilidades de goberno baixo o mandato do alcalde Manuel Mon Rouco. O PPdeG revalidaría o goberno en 1999 e 2003, polo que continuou formando parte do goberno local. Trala dimisión de Manuel Mon Rouco o 8 de marzo de 2005[1] foi elixido novo alcalde na súa substitución.

Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG e perdeu a maioría absoluta, polo que cedeu a alcaldía tras un pacto entre PSdeG e BNG. Nas eleccións municipais de 2011 recuperou a alcaldía tras lograla maioría absoluta. Nas municipais de 2015 volveu perdela alcaldía tras logralo PSdeG-PSOE a vitoria con maioría absoluta.


Predecesor:
Manuel Mon Rouco
 
Alcalde de Burela
 
2005 - 2007
Sucesor:
Alfredo Llano García
Predecesor:
Alfredo Llano García
 
Alcalde de Burela
 
2011 - 2015
Sucesor:
Alfredo Llano García

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]