José María Aznar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José María Aznar López»)
José María Aznar
José María Aznar

5 de maio de 1996 – 17 de abril de 2004
Monarca Xoán Carlos I
Precedido por Felipe González Márquez (PSOE)
Sucedido por José Luis Rodríguez Zapatero (PSOE)
Vicepresidentes primeiros Francisco Álvarez Cascos (1996-2000)
Mariano Rajoy (2000-2003)
Rodrigo Rato (2003-2004)
Vicepresidentes segundos Rodrigo Rato (1996-2003)
Javier Arenas (2003-2004)

27 de xullo de 1987 – 16 de setembro de 1989
Precedido por José Constantino Nalda García
Sucedido por Jesús Posada

28 de outubro de 1982 – 7 de xullo de 1987

29 de outubro de 1989 – 2 de abril de 2004

Datos persoais
Nacemento 25 de febreiro de 1953 (71 anos) Madrid, España España
Partido Partido Popular (PP)
Cónxuxe/s Ana Botella
Fillos 3 (José María, Ana e Alonso)
Profesión Inspector de Facenda (en excedencia)
ex político
conferenciante
Alma máter Universidade Complutense de Madrid
Relixión Católico

Na rede
https://jmaznar.es
IMDB: nm1544006 Dialnet: 238853 Editar o valor em Wikidata
Sinatura Sinatura de José María Aznar

José María Aznar López, nado o 25 de febreiro de 1953 en Madrid, foi o cuarto presidente do goberno español dende a democracia. O seu mandato durou dende o 4 de maio de 1996 ata o 17 de abril de 2004. É presidente da Fundación para el Análisis y los Estudios Sociales (FAES) e membro do Consello de Estado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Neto de Manuel Aznar Zubigaray, xornalista, político e diplomático navarro e fillo de Manuel Aznar Acedo, falanxista e oficial do Exército Nacional que durante a ditadura de Franco ocupou diversos cargos en organismos de radiodifusión e propaganda.

Durante a súa mocidade, militou no Frente de Estudiantes Sindicalistas, sindicato que foi o inicio de Falange Española Independiente. Aznar foi un dos moitos responsables do FES que se pronunciaron nunha actitude crítica cara ó franquismo postreiro e a súa fachada política, e que reivindicaban as ideas orixinais do fundador da Falange, José Antonio Primo de Rivera. Esta organización xuvenil deixou paso a un pensamento demócrata conservador. Estudou dereito na Complutense de Madrid, licenciandose no 1975, ó ano seguinte aprobou as oposicións de inspector de Facenda e en 1977 casou con Ana Botella.

Política[editar | editar a fonte]

O 27 de xaneiro de 1979 afiliouse a Alianza Popular de Logroño, onde residía e o 6 de outubro era elixido secretario xeral do PP da Rioxa. Elixido deputado no Congreso nas eleccións de 1982 por Ávila, reelixido en 1986. En 1985 foi elixido presidente de AP en Castela e León e dende 1987 ata 1989 exerceu o cargo de presidente da Xunta de Castela e León. Cando en xaneiro de 1989 o seu partido pasou a chamarse Partido Popular, Aznar foi elixido un dos vicepresidentes. Tras a saída de Antonio Hernández Mancha polas súas negociacións con Adolfo Suárez, Aznar foi designado candidato á presidencia do Goberno para as eleccións xerais do 29 de outubro de 1989, cesando como presidente de Castela e León en setembro, foi elixido presidente do PP o 1 de abril de 1990. Enfrontouse, sen éxito, a Felipe González nas eleccións do 6 de xuño de 1993 pero conseguiu superar o PSOE nas eleccións europeas de 1994. O 19 de abril de 1995 saíu ileso dun atentado de ETA con coche bomba en Madrid, saíndo ileso grazas á blindaxe do seu vehículo.

Comicios do 1996[editar | editar a fonte]

Nas eleccións xerais do 1996, o PP converteuse no principal partido de España, superando en 300.000 votos ó PSOE, aínda que sen obter a maioría absoluta na cámara (156 de 350 deputados). Tras longas negociacións coas principais formacións nacionalistas de Cataluña (CiU), País Vasco (PNV) e Canarias (CC), logrou o apoio das mesmas na sesión de investidura do 4 de maio do 1996, polo que ao día seguinte xurou o cargo como presidente do Goberno de España.


Predecesor:
Manuel Fraga
 PP
Presidente do PP
 
1990 - 2004
Sucesor:
Mariano Rajoy
Predecesor:
Felipe González
 
Presidente do Goberno de España
 
1996 - 2004
Sucesor:
José Luis Rodríguez Zapatero

Outras actividades[editar | editar a fonte]

Despois de deixar a política ten ocupado diversos cargos en empresas, como administrador en Afinity Ltd[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La empresa de inteligencia artificial de los Aznar capta 68 millones desde el paraíso fiscal de Bermudas". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2018-11-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]