José Manuel López Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Manuel López Varela
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
A Laracha, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo A Laracha Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Manuel López Varela, nado na Laracha o 25 de setembro de 1961, é un mestre e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1980 afiliouse a Alianza Popular e entre 1987 e 1999 foi de tenente de alcalde do concello da Laracha como segundo de Jesús Rama Becerra. Nas municipais de 1999 encabezou a lista do PPdeG, coa que obtivo maioría absoluta e foi elixido alcalde. Volveu gañar as eleccións municipais dos anos seguintes por maioría absoluta, tanto en 2003 como en 2007.

Dende o 2003 ata 2011 formou parte do grupo popular na Deputación da Coruña, en representación da comarca de Bergantiños. En 2007 figurou como candidato a asumir a presidencia da Deputación polo PPdeG na sesión de investidura, na cal PSdeG e BNG fixeron valer a súa maioría e elixiron novamente presidente ó socialista Salvador Fernández Moreda.

Nas municipais de 2011 revalidou a alcaldía co mellor resultado da historia do PP no municipio con 13 concelleiros, fronte a 2 do BNG e outros 2 do PSdeG. Nas municipais de 2015 revalidaría de novo a alcaldía con 12 edís. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía con 11 concelleiros[1]. En 2023 revalidou a alcaldía subindo ata os 12 concelleiros.


Predecesor:
Jesús Rama Becerra
 
Alcalde da Laracha
 
1999 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]