José Manuel Freire Couto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Manuel Freire Couto
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barbadás Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Manuel Freire Couto[1], nado en 1955, é un médico e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Medicina, está casado e ten dúas fillas[2]. Foi elixido alcalde de Barbadás polo CDS no ano 1987. No 1991 pasou a formar parte do Partido Popular de Galicia e logrou novamente a alcaldía con maioría absoluta. Continuou como alcalde de Barbadás con maioría absoluta ata a súa retirada no ano 2015.

Foi coordinador político da xunta directiva do PPdeG en Ourense[3]. Tamén foi xerente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE)[4], vogal do Consello de Administración de Xestur Ourense[5], presidente da Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca de Ourense (ARDECOU)[6], secretario do Consello de Administración do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole)[7] e vogal da Fundación Dorzán[8]. Ademais foi cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago[9] e presidente do Padroado Provincial de Turismo.


Predecesor:
Ángel Durán Álvarez
 
Alcalde de Barbadás
 
1987 - 2015
Sucesor:
Xosé Carlos Valcárcel

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Listaxe de alcaldes de Ourense Arquivado 30 de setembro de 2010 en Wayback Machine..
  2. Regidores en la provincia de Ourense Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. www.elcorreogallego.es, sen data. (en castelán)
  3. Xunta Directiva. www.ppou.es, sen data.
  4. José Manuel Baltar y José Luis Baltar son los políticos mejor pagados de Ourense. www.farodevigo.es, 10/03/2010. (en castelán)
  5. Órganos de Xestión Arquivado 12 de outubro de 2009 en Wayback Machine.. www.xesturourense.com, 31/12/2007.
  6. Xunta directiva. www.adercou.com, sen data.
  7. Consello de Administración. www.tecnopole.es, sen data.
  8. Orden de 19 de octubre de 2001 por la que se clasifica como benéfico-social la Fundación Dorzán. www.xunta.es, 19/10/2001. (en castelán)
  9. Capítulos celebrados Arquivado 13 de decembro de 2010 en Wayback Machine.. www.ordensantiago.com, sen data. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]