José Manuel Braña
José Manuel Braña | |
---|---|
Datos persoais | |
Nacemento | 19 de marzo de 1970 |
Negueira de Muñiz | |
Organización | Partido Socialista Obreiro Español |
Profesión | Alcalde de Negueira de Muñiz |
[ editar datos en Wikidata ] |
José Manuel Braña Pereda, nado en Negueira de Muñiz o 19 de marzo de 1970, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Rematados os estudos de Graduado Social traballou durante un tempo como auxiliar administrativo do SERGAS e do concello de Lugo. Concelleiro do PSdeG-PSOE en Negueira de Muñiz, foi elixido alcalde en xuño de 2003 logo do pasamento de Eladio Basadre Lodos. Volveu ser elixido alcalde en 2007, 2011, 2015 e 2019 sempre con maioría absoluta.
Predecesor: Eladio Basadre |
Alcalde de Negueira de Muñiz 2003 - actualidade |
Sucesor: no cargo |