José Malhoa
José Vital Branco Malhoa, máis coñecido coma José Malhoa, nado en Caldas da Rainha o 28 de abril de 1855 e finado en Figueiró dos Vinhos o 26 de outubro de 1933, foi un pintor, e profesor portugués.
Índice |
Traxectoria [editar]
Con 12 anos entrou na escola de Belas Artes, onde destacaría polas súas enormes faculdades e calidades artísticas.
Realizou numerosas exposicións, tanto en Portugal como no estranxeiro, principalmente nas cidades de Madrid, París e Río de Xaneiro. Foi pioneiro do naturalismo en Portugal, tendo integrado o Grupo do Leão. Destacou tamén por ser un dos pintores portugueses que máis se aproximou á corrente artística Impresionista.
Foi o primeiro presidente da Sociedade Nacional de Belas Artes e foi condecorado coa Grã-Cruz da Ordem de Santiago. En 1933, ano da súa morte, foi creado o Museo de José Malhoa en Caldas da Rainha.
Algunhas obras [editar]
- O Ateliê do Artista(1893/4)
- Os Bêbados (1907)
- O Fado (1910)
- Praia das Maçãs(1918)
- Clara (1918)
- Outono (1919)
Biliografia [editar]
- Henriques, P.: José Malhoa; INAPA, Lisboa, 1996. ISBN 9-729-01987-8
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- www.josemalhoa.blogspot.com/ (en portugués).
- Ficha en www.pintoresportugueses.blogs.sapo.pt(en portugués).
- Artigo en www.oesteonline.pt (en portugués).
- Ficha en www1.ci.uc.pt (en portugués).
- Biografía en www.parlamento.pt (en portugués).
- Ficha en www.pitoresco.com.br (en portugués).
- Biografía en www.artlink.pt (en portugués).
