José Luis Nogueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Luis Nogueira
Nacemento1926
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento1 de abril de 2007
Lugar de falecementoVilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario e político
editar datos en Wikidata ]

José Luis Nogueira Rodríguez, nado en Santiago de Compostela en 1926 e finado en Vilagarcía de Arousa o 1 de abril de 2007, foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1955 casou para Vilagarcía de Arousa, onde participou en diversos colectivos empresariais. Concelleiro durante o franquismo, foi designado como alcalde de Vilagarcía en 1976. Durante o seu mandato rematáronse as obras da traída de auga dende o río Umia á zona urbana de Vilagarcía. Continuou como concelleiro por UCD logo das primeiras eleccións locais democráticas de 1979. Ademais, ocupou un asento de deputado provincial entre 1979 e 1983, da que foi vicepresidente. Foi secretario xeral da Presidencia no primeiro goberno da Xunta de Galicia (1979-1981). Nos anos noventa foi presidente da Federación de Empresarios de Arousa. Tamén foi presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico.[1]


Predecesor:
Victoriano Piñeiro
 
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
1976 - 1979
Sucesor:
José Recuna

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Pontevedra, 2-4-2007, p. 15.