José Luis Mosquera Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Luis Mosquera Losada
Información persoal
Nome José Luis Mosquera Losada
Nacemento 10 de marzo de 1967
Lugar de nacemento Caracas
Posición centrocampista
editar datos en Wikidata ]

José Luis Mosquera Losada, nado en Caracas o 10 de marzo de 1967, é un exfutbolista galego que ocupou a posición de mediocampista. Actualmente é adestrador.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes galegos en Caracas, a súa familia volveu a Galiza cando el tiña seis anos.[1] A súa carreira comezou no Coia, pasando logo ao Alondras de Cangas, onde destacou e foi fichado polo Celta de Vigo. Nel ficou de 1987 a 1993, tanto en Segunda División como en Primeira División. Destacou durante a tempada 1989/90 cando foi o máximo goleador do equipo, coincidindo co seu único descenso.

No verán de 1993 fichou polo CP Mérida, no que xogou dúas tempadas. Foi xogador titular nas dúas, sendo unha peza clave do ascenso dos estremeños á máxima categoría en 1995. Ese ano marchou ao Real Valladolid, onde estivo ata a tempada 1996/97. Finalmente, fichou polo Racing de Ferrol, ata que se retirou en 1999.

Como adestrador pasou polas categorías inferiores do Celta de Vigo e foi asistente de Xulio Díaz no Lugo, xunto a Javier Vidales.[2] Tras a destitución de Díaz tomou xunto a Vidales as rendas do equipo, pero non puideron evitar o descenso á Terceira División. A continuación, no verán de 2003, fichou polo CD Lalín, dimitindo en decembro do mesmo ano.[3] Na tempada 2005/06 adestrou o Rácing Vilalbés e posteriormente volveu ao Celta de Vigo, onde exerceu diversas funcións na canteira e no primeiro equipo.

Tamén imparte cursos como docente da Escola Galega de Adestradores e colabora regularmente en programas de análise da actualidade do fútbol galego en radio e televisión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Inagotable cantera". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xullo de 1992. p. 44. 
  2. "Mosquera, «halagado» por el interés del Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de maio de 2020. Consultado o 15 de abril de 2021. 
  3. "Mosquera dimite por el escaso compromiso de la directiva del Lalín". La Voz de Galicia (en castelán) (Lalín-Estrada ed.). 30 de decembro de 2003. p. 9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]