José Luis Mondelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Luis Mondelo
Nacemento1946
Lugar de nacementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Luis Mondelo García, nado en Ourense en 1946, é un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Avogado. Formou parte dos comités executivos de Alianza Popular en Ourense. Nas eleccións municipais de 1987 foi o número 3 da candidatura de Independentes de Galicia en Ourense e foi elixido concelleiro. O seu grupo apoiou ao socialista Manuel Veiga Pombo, pasando a formar parte do goberno xunto con este en decembro de 1987 e encargándose da área de persoal. Porén, acabaría abandoando o goberno por discrepancias e en setembro de 1990 encabezou unha moción de censura que lle outorgou a alcaldía, tras contar co apoio do PPdeG e o CDS. En 1991 encabezou a candidatura do Partido Galeguista sen lograr representación, correndo a mesma sorte en 1995 con Coalición Galega.


Predecesor:
Manuel Veiga Pombo
 
Alcalde de Ourense
 
1990-1991
Sucesor:
Manuel Veiga Pombo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]